Incubadora transnacional de
emprendemento creativo no rural
europeo

Proxecto

Youthnest.crea é un proxecto europeo dirixido á xuventude, que ten como obxectivo final o desenvolvemento dun ecosistema virtual e presencial de apoio, asesoramento, estímulo, formación, e oportunidades de plasmar ideas innovadoras de cara ao empoderamento da xente nova no seu desenvolvemento profesional. O proxecto tamén fomentará a cultura emprendedora dirixida a acadar oportunidades de autoemprego con especial atención ao emprendemento creativo no rural europeo. Promovido no marco do programa ERASMUS+ 2014-2020 (Acción Clave 2 – Asociacións Estratéxicas de apoio á innovación no ámbito da xuventude), a subvención total do proxecto é de 144. 161 euros. A data de inicio do proxecto é o 1 de setembro de 2017, e a data de finalización é o 31 de agosto de 2019.

En que consiste?
O proxecto consiste na creación dunha rede multidisciplinar e transnacional integrada por profesionais de seis entidades de diferentes países da UE (Concello de Vedra – Líder do proxecto, Galicia (España); Stichting Business Development Friesland, Países Baixos; Comune di Capannori , Italia; Newry and Mourne Co-Operative Ltd, Reino Unido; Obec Zemplinske Hamre, Eslovaquia; e Associação Juvenil de Deão, Portugal). A rede funcionará ao longo dos 24 meses de duración do proxecto para establecer as bases dunha incubadora transnacional. Desenvolverá en conxunto metodoloxías, mecanismos, ferramentas e contidos innovadores e de alta calidade, ademais de implementar un programa de accións piloto.

Obxectivos

  • Fomentar a cultura emprendedora que conduza a oportunidades de autoempleo entre a mocidade.
  • Mellorar as habilidades e competencias dos mozos e mozas emprendedores.
  • Poñer en valor as potencialidades endóxenas das zonas rurais e asegurar a preservación e sustentabilidade dos seus recursos a través de modelos de emprendemento creativo e innovador.

Actividades

O programa piloto ofreceralle a 72 mozos/as dos 6 países da UE participantes no proxecto a oportunidade de fomentar as súas competencias, habilidades, coñecementos e visión comercial. Tamén se beneficiarán da interacción directa e do intercambio de experiencias e coñecementos con outros mozos e mozas da UE e expertos no ámbito do emprendemento e da posta en marcha de negocios.As incubadoras estarán situadas en España, Italia e Holanda e ofrecerán a posibilidade de identificar oportunidades de autoemprego nas zonas rurais da UE.

O programa inclúe:

  • ACCIÓNS LOCAIS:   de sensibilización, información e divulgación para o fomento do emprendemento no rural europeo como fórmula para a creación de oportunidades de autoemprego.
  • ACCIÓNS TRANSNACIONAIS:   un programa de 20 días que promoverá as habilidades empresariais (básicas e específicas) que se implementarán mediante un sistema de mobilidade combinado (mobilidade física e virtual), estruturado en dous módulos: aprendizaxe en liña para a mellora das habilidades empresariais (mobilidade virtual). aprendizaxe in situ para a mellora das habilidades empresariais (mobilidade física).

Beneficiarios

Os principais beneficiarios do proxecto son os mozos e mozas de entre 16 e 30 anos, principalmente:

  • persoas mozas graduadas/licenciadas, estudantes que estean a punto de finalizar procesos educativos ou formativos e que pretendan incorporarse ao mundo laboral.
  • mozos e mozas desempregados/as; mozos e mozas que abandonaron cedo os estudos e que actualmente non estean a estudar ou a formarse.
  • aqueles en risco de exclusión social, por exemplo, mozos e mozas pertencentes a comunidades marxinais (darase prioridade ao emprendemento rural entre as mulleres).
  • mozos e mozas emprendedores/as de cara a mellorar as súas habilidades e competencias empresariais.
YouthNest
Enderezo

Concello de Vedra
Avda. Mestre Manuel Gómez Lorenzo Nº1
15885 Vedra, A Coruña (Spain) 

Contacto

email: info@concellodevedra.com
telefono: +34 981 81 46 12

YouthNest
YouthNest
YouthNest

Proxecto